Misión-Visión-Valores

A misión

Dedicación continua a satisfacer as necesidades gráficas dos nosos clientes, a transformar en realidade o que eles e elas teñen en mente. Elaboramos o produto, o deseño e as impresións gráficas nas súas diferentes formas e tamaños, sempre coa mellor calidade e baixo custo, así como entregado coa maior celeridade.

A visión

Aspiramos a ser recoñecidos a nivel galego pola calidade dos nosos produtos e servizos, contando co uso de tecnoloxía de vangarda, procesos eficientes e alta produtividade, todo isto baixo o concepto de servizos ao cliente, cunha dedicación plena á satisfacción das súas necesidades e aportando ideas que lle sexan beneficiosas para os seus intereses, desenrolando relacións de traballo constantes, persoais e duradeiras con eles e elas, poñendo á súa disposición toda a nosa capacidade, experiencia e potencial de crecemento.

Os valores

Sendo os principais, mais non os únicos: ética, integridade, honestidade, responsabilidade, actitude de servizos, respecto polo medio ambiente.

CALIDADE: Por ser os nosos produtos obxectos visuais que permanentemente son sometidos a xuízos valorativos constantes e continuos, consideramos a calidade como un atributo inherente á nosa actividade diaria.

RESPONSABILIDADE CO CLIENTE: Como parte primordial da nosa organización, os nosos clientes son un eixo fundamental do noso traballo.

Atención e compromiso son a retribución que lles brindamos pola súa preferencia.

RECURSOS HUMANS: As nosas ideas, coñecementos e aportacións persoais son os xeradores do traballo que se lle brinda aos nosos clientes. Por iso é indispensable recoñecer e brindar un lugar especial aos nosos compañeiros, socios e colaboradores por ese apoio no cumprimento dos nosos obxectivos organizacionais.

DIVERSIDADE DO BEN OU SERVIZO: Constituímonos como unha empresa facilitadora de solucións ás necesidades dos nosos clientes, polo que buscamos de maneira constante actualizar os bens e servizos ofrecidos.