Política de privacidade

AVISO LEGAL, PRIVACIDADE E COOKIES

TITULARIDADE 

En cumprimento do artigo 10 da LeI 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, PEP, en calidade de Titular (a partir de aquí denominado como o Titular) do sitio web artenchapas.com, pon ao seu dispor o correo artenchapas@gmail.com para o que se puidese precisar.

Toda persoa que acceda ao sitio web artenchapas.com comprométese a coñecer e cumprir o expresado no presente texto, así como no contido das Condicións de Uso posto a disposición polo Titular da web nos diferentes enlaces. O Titular resérvase o dereito a modificar a información contida na web sen a obriga de preavisar os usuarios e usuarias de ditas obrigas. Enténdese como suficiente a súa publicación neste sitio web.

CONDICIÓNS DE USO

ACCESO AO SITIO WEB

O acceso ao sitio web artenchapas.com é gratuíto, a excepción dos custos de conexión a través da rede subministrada polo provedor de acceso contratado polo usuario ou usuaria (a partir de aquí denimimado como “Usuario”).

NORMAS DE UTILIZACIÓN DO SITIO WEB

O Usuario comprométese a facer un uso adecuado dos Contidos que artenchapas.com ofrece, e a non empregalos para:

– a realización de pedidos falsos ou fraudulentos, facendo un uso deste sitio web unicamente para consultas ou pedidos legalmente válidos.

– incorrer en actividades ilícitas, contrarias á moral, á boa fe, á orde pública, á lexislación vixente, e ao contido no presente Aviso Legal.

– difundir contidos ou propaganda de carácter racista, sexista, xenófoba, homófoba, pornográfica, ou contraria aos dereitos humanos.

– introducir intencionadamente virus, troianos, ou calquera outro material tecnoloxicamente prexudicial que poida provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de artenchapas.com, dos seus fornecedores, ou de terceiras persoas.

En definitiva, o Usuario obrígase e comprométese a non utilizar os contidos deste sitio web con fins ou efectos ilícitos, prohibidos no Aviso Legal ou na lexislación vixente, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que dalgunha forma poida danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utlización dos contidos, os equipos informáticos ou os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático propio ou contratado pola Titular, doutros usuarios ou de calquera usuario de Internet.

O Usuario obrígase e comprométese a non transmitir, difundir ou poñer a disposición de terceiros, calquera tipo de material e información contido neste sitio web, tales como datos, contidos, mensaxes, deseños, arquivos de son e imaxe, fotografías, textos, software, iconos, logotipos, ou calquera outro material ao que teña acceso como Usuario, carecendo esta enumeración de carácter limitativo.

Igualmente, de conformidade con todo o anterior, o Usuario non poderá reproducir, copiar, distribuír, poñer a disposición ou de calquera outra forma comunicar publicamente, transformar ou modificar os contidos deste sitio, a menos que se conte coa autorización escrita e explícita do Titular.

O Usuario deberá absterse de obter os contidos empregando para tal fin medios ou procedementos distintos dos que, segundo os casos, se teñan posto á súa disposición ou se teñan indicado nas páxinas web onde se atopan os contidos ou, en xeral, dos que se empreguen habitualmente en Internet para tal efecto.

O Usuario obrígase a manter indemne o Titular ante calquera posible reclamación, pena ou sanción que poida vir obrigada a soportar como consecuencia do incumprimento por parte do Usuario de calquera das normas de utilización antes indicadas, reservándose ademais o Titular o dereito a solicitar a indemnización por danos e prexuízos que corresponda.

EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE

O acceso do Usuario ao sitio web non implica para o Titular a obriga de controlar a ausencia de virus ou de calquera outro elemento informático danoso. Correspóndelle ao Usuario, en todo caso, a dispoñibilidade de ferramentas axeitadas para a detección e desinfección de programas informáticos danosos.

O Titular non se responsabiliza dos danos producidos no software e equipos informáticos dos usuarios ou de terceiros durante a utilización dos servizos ofrecidos no sitio web, así como tampouco dos producidos polos fallos ou desconexións nas redes de telecomunicacións.

O Titular non garante a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso á web, aos seus Contidos, nen que estes se atopen actualizados, aínda que realizará os maiores esforzos para, no seu caso, evitalos, subsanalos ou actualizalos. Polo tanto, a Titular non se responsabiliza dos danos ou prexuízos de calquera tipo producidos no Usuario como resultado de fallos ou desconexións nas redes de telecomunicacións que produzan a suspensión, cancelación ou interrupción do servizo da web durante a prestación do mesmo ou con carácter previo.

O Titular exclúe, coas excepcións contempladas na lexislación vixente, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda índole que poidan deberse á falta de dispoñibilidade, continuidade ou calidade do funcionamento da web e dos contidos, e ao non cumprimento da expectativa de utilidade que os usuarios puidesen atribuir á web e aos contidos.

LINKS A OUTRAS PÁXINAS WEB

Este sitio pode conter enlaces a outras páxinas web, redes sociais e materiais de terceiros. Estes enlaces son proporcionados a efectos meramente informativos e o Titular non ten control sobre o contido dos devanditos sitios web ou materiais. En consecuencia, o Titular non se fai responsábel dos danos producidos pola calidade, desactualización, indispoñibilidade, erros ou inutilidade dos contidos e/ou servizos dos sitios enlazados.

CALIDADE DA PÁXINA

Considerando o entorno dinámico e cambiante da información e servizos que se subministran por medio da web, o Titular realiza o seu mellor esforzo, mais non garante a completa, exactitude, fiabilidade, utilidade e/ou actualidade dos contidos.

A información contida nas páxinas que compoñen este sitio web só ten carácter informativo, consultivo, divulgativo e publicitario. En ningún caso ofrecen nin teñen carácter de compromiso vinculante ou contractual.

O Titular exclúe toda responsabilidade polas decisións que o Usuario poida tomar baseado nesta información, así como polos posibles erros ortográficos que poidan conter os documentos e gráficos da web. A información está sometida a posíbeis cambios periódicos sen previo aviso do seu contido por ampliación, mellora, corrección ou actualización dos contidos.

DISPOÑIBILIDADE DOS CONTIDOS

A prestación do servizo da web e dos contidos ten, en principio, duración indefinida. O Titular, non obstante, queda autorizado para dar por terminada ou suspender a prestación do servizo da web e/ou de calquera dos contidos en calquera momento. Cando sexa posíbel, a Titular avisará previamente da terminación ou suspensión da web.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O sitio web artenchapas.com pertence ao Titular, e en consecuencia queda totalmente prohibido o seu uso sen a súa previa autorización expresa e por escrito.

Os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre os contidos do sitio web (incluíndo os produtos, deseños, textos, imaxes,  gráficos, iconos, fotografías e outros contidos audiovisuais ou sonoros, así como o dereito sui generis sobre a base de datos), o seu deseño gráfico, os signos distintivos  (marcas e nomes comerciais), así como os distintos elementos que integran o sitio corresponden ao Titular, e en tal sentido constitúen obras protexidas pola lexislación de propiedade intelectual e industrial vixentes, tanto estatal como doutras xurisdicións.

O uso do sitio web polo usuario non supón de ningunha maneira a cesión de dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial sobre o mesmo, os seus contidos e/ou os signos distintivos. A tal efecto, mediante o presente Aviso Legal, e salvo naqueles supostos nos que está legalmente permitido, queda expresamente prohibido ao usuario a reprodución, transformación, distribución, comunicación pública, posta a disposición, extracción e/ou reutilización de todo ou parte do contido do sitio web.

Queda totalmente prohibido copiar e modificar de forma total ou parcial os produtos, deseños, textos, imaxes, gráficos, iconos, marca e outros contidos visuais. Neste sentido, o contido do sitio web non poderá ser utilizado nen reproducido nen total nen parcialmente en ningunha aplicación ou páxina web, non poderá ser estampado en ningún produto físico nen tampouco poderá ser copiado, reproducido, modificado, utilizado ou distribuído con fins comerciais.

A vulneración dos dereitos do Titular dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.

MODIFICACIÓN DO AVISO LEGAL

Coa finalidade de mellorar as prestacións da web, o Titular resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na web, da configuración e deseño deste sitio e do presente Aviso Legal, así como de calquera outra condición particular. Polo tanto, o Usuario debe ler o Aviso Legal en todas e cada unha das ocasións nas que acceda a web.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

PROTECCIÓN DE DATOS

O Titular de artenchapas.com cumpre coas directrices do Regulamento Xeral de Protección de Datos (en diante RXPD) e a súa normativa de desenvolvemento. A visita a este sitio web non supón en ningún momento para o Usuario a obrigatoriedade de facilitar ningunha información sobre si mesmo. No caso de proporcionarnos o Usuario algunha información de carácter persoal, os datos recollidos serán utilizados coa finalidade, na forma e coas limitación e dereitos que recolle a RXPD.

Toda a información proporcionada é estrictamente confidencial. De conformidade coa RXPD, os datos persoais facilitados serán incorporados a bases de datos propiedade do Titular coa finalidade de canalizar as solicitudes de información, suxestións e reclamacións do cliente para a súa xestión e resolución. O cliente pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dirixíndose a artenchapas@gmail.com.

O Titular pon o máximo empeño para cumprir coa normativa de protección de datos dado que é o activo máis valioso co que conta. Non obstante, informámoslle que no caso de que entenda que os seus dereitos foron menoscabados, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

FINALIDADE DOS DATOS

O Titular adquire o compromiso de que os datos proporcionados polo Usuario serán utilizados única e exclusivamente para tramitar as peticións realizadas por este. En ningún momento estes datos serán utlizados para realizar accións a maiores do solicitado polo Usuario, como pode ser o envío de comunicacións comerciais. Estas só serán enviadas no caso de ser solicitadas expresamente por parte do Usuario.

CONSERVACIÓN DOS DATOS

Os datos persoais proporcionados polo Usuario serán conservados mentres se manteña a relación mercantil vixente. Unha vez rematada a relación entre as partes, o Titular poderá seguir conservando a súa información para a resolución de incidencias ou novas relacións comerciais que poidan xurdir. Igualmente, de forma periódica revisaremos os nosos sistemas para proceder a eliminar aquela información que non sexa legalmente necesaria ou que careza de utilidade comercial.

LEXITIMACIÓN

O tratamento dos seus datos está amparado pola seguinte lexislación:

1.- Xestionar a relación comercial subscrita e contratada con nós:

    1.1.- Execución dun contrato (habilitado polo artigo 6.1. b RXPD)

    1.2.- Consentimento do interesado (habilitado polo artigo 6.1. a RXPD)

 2.- Envío de comunicacións comerciais:

     2.1.- Consentimento do interesado (habilitado polo artigo 6.1. RXPD)

     2.2.- Consentimento do interesado (habilitado polo artigo 20 LSSICE)

     2.3.- Interese lexítimo (habilitado polo artigo 6.1.f RXPD)

 3.- Realización dun orzamento axustado ás súas necesidades:

     3.1.- Consentimento do interesado (habilitado polo artigo 6.1.a RXPD)

 4.- Xestionar comunicacións por correo electrónico con interesados:

      4.1.- Consentimento do interesado (habilitado polo artigo 6.1.a RXPD)

Todos os datos recollidos son necesario para a prestación do servizo. Porén, aqueles datos que estean marcados como opcionais non serán obrigatorios. No caso de que os datos obrigatorios non fosen facilitados o Titular non poderá prestarlle o servizo contratado.

ACTUALIZACIÓN DA POLÍTICA DE PRIVACIDADE

É posíbel que actualicemos a Política de Privacidade da nosa web, polo que recomendamos revisar este Aviso Legal cada vez que acceda a artenchapas.com co obxectivo de estar adecuadamente informado.

POLÍTICA DE COOKIES

OBXECTO

O Titular de artenchapas.cominforma que este sitio web utiliza cookies nos procesos internos de funcionamento. Estas cookies permiten controlar os datos de navegación do Usuario a efecto de facer máis cómoda e rápida a comunicación que se establece entre el e a nosa web. A vixencia destas cookies é a estimada necesaria para conseguir estes obxectivos. En ningún caso as cookies serán utilizadas para a adquisición de datos persoais identificativos do Usuario. O Usuario ten a posibilidade de configurar os seus navegadores de Internet para obter un mellor coñecemento e control das cookies.

DEFINICIÓN

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao accederes a determinadas páxinas web, Smartphone, tablet ou dispositivo análogo. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo.

O navegador do Usuario memoriza cookies no disco duro só durante a sesión actual ocupando un espazo de memoria mínimo e non prexudica o computador. As cookies non conteñen ningunha clase de información persoal específica, e a maioría das mesmas bórranse do disco duro ao finalizar a sesión de navegador.

TIPOS DE COOKIES

A nosa web utiliza cookies do seguinte tipo:

– Cookies estritamente necesarias para a prestación de determinados servizos solicitados expresamente polo Usuario: se estas cookies son desactivadas, non poderá recibir correctamente os nosos contidos e servizos.

– Cookies analíticas para o seguimento e análise estadístico do comportamento do conxunto dos usuarios. Se estas cookies son desactivadas a web poderá seguir funcionando sen ningún perxuízo para o Usuario.

ACTUALIZACIÓN DA POLÍTICA DE COOKIES

É posíbel que actualicemos a Política de Cookies da nosa web, polo que recomendamos revisar esta política cada vez que acceda a artenchapas.com co obxectivo de estar adecuadamente informado sobre como e para que usamos as cookies.