Descripción
Máscara 3D para adulto, de tea branca semibrillante moi lixeira.
- Textura moi fina e suave, agradable ao tacto.
- Con tratamento hidrófugo que a fai repeler as sustancias líquidas como as pingas de saliva producidas ao falar, tusir ou esbirrar.
- Dúas costuras frontais a nivel do nariz e queixo para adaptala mellor á forma da cara.
- Cintas elásticas de cor branca que facilitan a súa colocación. Non requiren amarre.
- Ten a certificación OEKO-Tex Standard 100 que garante que o téxtil co que están confeccionadas non contén sustancias nocivas para a saúde.
- Alta resistencia contra roturas, abrasión e rachos.
- Reutilizables sempre que se hixienicen adecuadamente despois de cada uso.
MEDIDAS APROXIMADAS(*)
- Despregada 28 x 13,5 cm
- Dobrada 14 x 13,5 cm
- Cinta elástica 4 mm x 12 cm
(*) Valores aproximados proporcionados con carácter orientativo. Poden variar lixeiramente polas normais irregularidades do proceso de confección.
RECOMENDACIÓNS DE LAVADO
- Lavar antes de usar.
- Pódense lavar até 25 veces sen que perda as súas propiedades.
- Lavar en lavadora con ciclo delicado a unha temperatura máxima de 60º C
- Non lavar en seco nin usar branqueadores.
- Usar suavizante que non conteña colorantes.
- Deixar secar completamente durante polo menos 2 horas despois de cada lavado.
- Pódese usar secadora a unha temperatura máxima de 50º C
- Pódese pasar o ferro a unha temperatura máxima de 150º C
- Despois de cada lavado, débese comprobar a integridade da máscara antes de volvela usar.
RECOMENDACIÓNS DE USO
- Para garantir a súa eficacia, a máscara non debe manipularse coas mans sucias nin estar en contacto con pezas que non estean limpas.
- De uso exclusivamente persoal.
- Non usar durante máis de 4 horas.
- Non reutilizar a máscara húmida ou sucia.
- Evitar o contacto dunha máscara sucia con outras pezas limpas.
- Gardala nun lugar onde non se poida contaminar.
- Non utilizala en caso de deterioración, rotura ou dano da tea.
- Débese desbotar en colectores pechados provistos de bolsas de plástico.
INFORMACIÓN IMPORTANTE
- Esta máscara non é un produto sanitario no sentido expresado no Regulamento da Unión Europea (UE) 2017/745, nin tampouco un equipo de protección individual como o define o Regulamento da Unión Europea (UE) 2016/425. Por tanto, non cumpre a función dunha máscara sanitaria homologada para protección contra o coronavirus.
- Pode clasificarse como unha máscara hixiénica reutilizable segundo a Especificación da Asociación Española de Normalización (UNE) 0065 de abril 2020.
- Máis información sobre produtos para a prevención de contaxios polo virus do COVID-19: Boletín Oficial do Estado – Núm. 109 do 19 de abril de 2020.
Nota: A imaxe é unha simulación. Iso significa que poden variar as proporcións e os tons de cor do deseño.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.