Suadoiros para personalizar

Calquera deseños do apartado “Camisetas” podemos facercho en suadoiro.

Descripción

Dispoñemos dunha ampla gama de suadorios (con ou sen capucha, con ou sen cremalleira…) para personalizar tanto coas túas ideas como con calquera cos deseños que podes atopar no apartado “Camisetas” da nosa tenda online e incluso eses podemos personalizarchos.

Tan só é importante ter en conta que o apartado “Algodón/vinilo téxtil” pode facerse en suadoiros de calquera cor, pero os deseños do apartado “Poliéster/sublimación) só poden ser en suadoiros brancos (ou en todo caso cores moi clariñas: gris, amarelo… pero en ningún caso negro).

Contacta escribindo a artenchapas@gmail.com indicándonos que tipo de prenda e con que grafismo queres personalizala.

Pasarémosche unha ficha técnica do produto coas medidas (para que selecciones a talla)

Presupostaremosche o traballo, pero para que te fagas unha idea, os suadoiros sen capucha soen saír por 25€/ud. e con capucha en 30€, para 1 só grafismo a un tamaño A4 aproximadamente. Dependendo do que se solicite, este prezo podería incrementarse.

Para cantidades (a partir de 50 unidades) usaríamos outras técnicas como a serigrafía.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.