Artenchapas é unha iniciativa orientada á personalización de produtos orixinais e exclusivos
partindo desde unha soa unidade.
O nome é unha homenaxe ás orixes, posto que comezou cunha pequena máquina de facer
chapas e paseniñamente, con moito esforzo e dedicación, iríase medrando e adquirindo
distinta maquinaria para ofrecer todo tipo de produtos personalizados e de calidade.
A día de hoxe realizamos todo tipo de traballos, desde rotulación ata gravado láser, pasando
por distintos procesos como a sublimación, pero tamén ofrecemos posibilidade de impresión
directa ou serigrafía. Mesmo estamos iniciándonos na impresión 3D.
As dificultades para subsistir nestes momentos de pandemia son o que nos motivou a crear
esta tenda online e ofrecer produtos finais xenéricos.
Isto non significa que non continuemos personalizando o teu mundo!
Podes contactar con artenchapas@gmail.com para facernos as túas encargas personalizadas. A
cada traballo personalizado correspóndelle un presuposto personalizado.
O límite só o marca o teu maxín!