Responsabilidade Social Corporativa

Artenchapas é unha iniciativa socialmente responsábel, comprometida con toda a súa contorna e especialmente coa cultura e o deporte.

Entendemos a importancia de integrarmos voluntariamente en todas aquelas actividades, modelos de traballo e grupos de interese cuxa actitude teña como denominador común a sostibilidade a longo prazo, o respecto ao medio ambiente, a integración social e a defensa de valores que revertan de forma positiva na contorna.

Porque non é suficiente con xerar beneficios, tamén hai que ter en conta os custes sociais e medioambientais asociados aos procesos de produción.

A Responsabilidade Social Corporativa (RSC) de Artenchapas ponse de manifesto dun modo especial: o apoio incondicional ao deporte de base e os valores que este representa (hábitos saudábeis, mocidade, respecto, compañeirismo, traballo en equipo, contacto coa natureza, etc…), así como numerosísimas colaboracións no ámbito educativo ou o apoio incondicional a distintas causas sociais e a colectivos de traballadores e traballadoras en loita polos seus dereitos.

Tamén se fai fincapé no mundo da cultura, apoiando a bandas musicais nobéis, grupos de teatro, etc.