Termos e condicións

TERMOS E CONDICIÓNS DE USO:

CONDICIÓNS XERAIS DE VENDA

Estas condicións xerais de venda son as únicas aplicábeis e ao realizar a súa encomenda mediante o formulario de compra do carriño, o cliente aceptounas sen reserva comprometéndose a respectar os Termos e Condicións de Uso que figuran nesta páxina.

COMO REALIZAR UN PEDIDO?

Poñemos a disposición do cliente dúas modalidades para facer un pedido:

-Por medio do noso sitio web e o seu formulario de pedido en artenchapas.com

-Por correo electrónico: artenchapas@gmail.com indicando o artigo e a forma de pagamento elixida.

ESPECIFICACIÓNS E CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DOS PRODUTOS

artenchapas.com coida con esmero a información relativa ás características técnicas e prestacións dos produtos, mediante as descricións técnicas procedentes dos fabricantes e fotografías que ilustran os produtos.

En ocasións, as características dos produtos poden variar ou non se apreciar correctamente debido ás diferentes características das pantallas nas que se visualizan as colores. Se para o cliente algunhas delas son requisitos indispensábeis para a súa adquisición, é conveniente que se asegure de que dito produto se adapta ás súas necesidades, contactando a través de artenchapas@gmail.com co noso servizo de atención ao cliente para corroborar dita información.

OS NOSOS PREZOS

Todos os prezos de venda indicados no noso sitio web están expresados en EUROS e inclúen o IVE de aplicación na península.

artenchapas.com resérvase o dereito de modificar os prezos cando estime oportuno, aínda que nos comprometemos a aplicar as tarifas en vigor indicadas na páxina web, agás erro ou omisión, no momento da realización da súa encomenda.

Poderanse aplicar descontos especiais por volume de pedido a colectivos ou particulares.

DISPOÑIBILIDADE

Intentamos manter o stock óptimo en todos os nosos produtos co obxectivo de realizar as entregas en menos de 5 días hábiles, pero hai ocasións en que, por fallos na cadea de subministro (fabricantes, distribuidores, operadores loxísticos), isto pode non ser factíbel.

Se un dos produtos mercados non estivese dispoñíbel, comprometémonos a informar o cliente mediante un correo electrónico ou chamada telefónica, do prazo no que poderíamos enviarllo ou ofreceríamoslle una alternativa ao produto mercado. De non satisfacerlle o novo prazo ou a alternativa proposta, anularíamos a encomenda e, no caso de ter realizado o pagamento, procederíamos ao seu reintegro.

En ningún caso artenchapas.com se responsabilizará das posíbeis demoras na entrega por parte da axencia de transporte. Poñeremos todo o noso esforzo na pronta solución da incidencia, mais de ningún xeito se nos poderá reclamar responsabilidade ningunha.

ENVÍOS

A encomenda será enviada por servizo de Correos ao enderezo que o cliente teña indicado no momento de efectuar a compra. Pódese solicitar outro método de entrega que deberá ser previamente acordado con nós.

Como norma xeral, traballamos con CORREOS por ser un servizo público.

Unha vez realizado o envío, poderémoslle facilitar, previa petición, o número de expedición ou un código de seguimento que lle facilite atender a entrega no seu domicilio.

Ao recibir os produtos, é imprescindíbel que o cliente verifique que os mesmos se axustan ao pedido realizado e que o paquete se atopa en perfecto estado. Se non estiver conforme cos produtos recibidos, deberá indicar no albarán de entrega as anomalías observadas (embalaxe en mal estado, non coincidencia dos vultos entregados cos indicados no albarán de entrega, etc.).

En caso de calquera incidencia relacionada co estado do envío recibido, artenchapas.com só dispón de 48 horas desde a data de recepción do produto por parte do cliente para reclamar á empresa de transporte. Unha vez transcorrido ese prazo sen notificación de incidencias polo comprador, este deberá facerse cargo dos gastos ocasionados.

FORMAS DE PAGAMENTO

artenchapas.com pon a disposición do cliente as seguintes modalidades de pagamento:

Paypal.

Todo tipo de tarxetas (a través da aplicación Stripe).

Transferencia bancaria.

Os pagamentos realizaranse por métodos seguros que protexen e codifican os datos transmitidos a través da rede.

LITIXIOS E RESPONSABILIDADES

artenchapas.com non se fai responsábel das consecuencias que puidesen derivarse dunha utilización inaxeitada dos produtos vendidos no noso sitio web.

Baixo ningunha circunstancia, artenchapas.com será tida como responsábel de ningún dano ou ningún tipo de prexuízo xurdido de, ou en relación, ao uso deste sitio web.

O cliente deberá indemnizar a artenchapas.com de calquera dano ou prexuízo que resulte do incumprimento, pola súa parte, das presentes condicións ou do uso do contido desta web sen previa autorización.

Se algunha estipulación das presentes condicións carecese ou pasase a carecer de validez ou resultase non executábel segundo o dereito aplicábel, dita estipulación non tería efecto, mais só na medida desa precisa hipotética falta de validez, e non afectará a ningunha outra estipulación das presentes condicións.

Estas condicións de uso deben ser interpretadas e ríxense pola lexislación española vixente. Calquera disputa derivada destas condicións deberá dirimirse ante os tribunais.

DEVOLUCIÓNS

Devolución por produto defectuoso

Unha devolución por produto defectuoso é aquela que se produce cando o mesmo chegou en mal estado ou ten un defecto de fabricación. En ningún caso se aceptará unha devolución de produtos usados ou en mal estado como consecuencia dun uso inadecuado polo cliente.

O procedemento para devolver un produto defectuoso é o seguinte:

O cliente debe poñerse en contacto con nós dentro das 48 horas seguintes á recepción do envío, no correo artenchapas@gmail.com para informarnos da incidencia (adxuntando imaxes do defecto do produto) e concertar con nós como proceder á devolución coa embalaxe orixinal, indicando número de factura, produto e motivo da devolución.

Desde artenchapas.com, poñerémonos en contacto co cliente para fixar a forma e modalidade de recollida do produto a devolver, co noso operador loxístico. Cando chegue o produto a artenchapas.com, comprobaremos que cumpre as condicións de devolución arriba detalladas e se todo está correcto procederemos a trocarlle o produto por un igual, outro a elixir do mesmo importe ou, no seu defecto, en caso de non o ter en stock, a aboarlle o importe desa compra. Neste caso, artenchapas.com, correrá co custo do operador loxístico que retire o artigo.